Comezamos!

Fai una semana voltamos ó xacemento de Armea para comezar os traballos de escavación que se desenvolverán durante todo o mes de xullo! Estos días foron moi produtivos, grazas ó entusiasmo dos alumnos en prácticas chegados de universidades de España, especialmente da Facultade de Historia da Universidade de Vigo, e Portugal e escollidos entre máis de 200 candidatos, ós que agradecemos o seu interese.

DSC_4242.JPG
A “base de operacións”, deseñada por Fermín Pérez Losada

A primeira semana trouxo consigo importantes achádegos. O equipo da Domus Sur ou Domus da Roseta está traballando na parte externa da casa, onde xa despunta un empedrado e algún muro. Ademais, recibiron a primeira visita da fauna local, unha píntega!DSC_4232.JPG

DSC_4248

Anotando o ocorrido no día no diario do campo.

O director da intervención, Adolfo Fernández e os seus alumnos, investigan a área da rúa, á que lle faltan algunhas lousas debido a un expolio. Como son moi eficientes, case acabaron o traballo e o luns comenzarán a debuxar.

DSC_4234.JPG

 Vista cara ó leste da rúa cenral, á que lle faltan as lousas.

DSC_4235

Vista cara ó oeste da rúa central, onde volven aparecer algunhas lousas.

Na Domus Sur ou Domus do Hexasquel fíxose unha ampliación cara o norte con respecto á zona do ano pasado onde apareceu un novo enlousado. Como tamén faltaban algunhas lousas, puidose afondar un pouco máis e apareceu un muro en diagonal que correspondería a unha ocupación anterior á domus.

DSC_4239.JPG

A nova zona enlousada da Domus Norte, co muro correspondente a unha ocupación anterior.

O último do equipos traballa na zona exterior da terraza das domus, onde intentan aclarar a relación do vertedoiro cerámico (que foi escavado o ano pasado) e a calzada que discurre polo xacemento.

Ademáis, recibimos a visita da Televisión de Galicia, que se fixo eco do inicio dos traballos. Podedes ver a nova no seguinte link: http://www.crtvg.es/informativos/volven-escavar-o-conxunto-arqueoloxico-de-armea-en-allariz-2191251 .

Invitámosvos a todos a visitar o xacemento de luns a venres durante o horario de traballo, de 8:00 a 14:00.

Seguiremos informando!

About proxectoarmea

Proxecto de intervención arqueolóxica e de conservación básica no conxunto rupestre do Monte do Señoriño-Castro de Armea. Campus Universitario "As Lagoas"; Facultade de Historia (Edificio de Ferro) 2º Andar, Porta 22. 32004. OURENSE. Tel. 988 387 262 / 651 017 416 Fax. 988 387 159 Email armea2012@gmail.com
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar un comentario