[Día 3] Xa é venres…

O derradeiro día desta semana remata con algunhas novidades, pero sobre todo con ganas de que chegue o luns, a pesares do cansancio.

image

Hoxe tocou rexistrar o traballo de onte mediante a fotografía e facer as primeiras medicións do terreo, que nos permitirán xuntar a información deste ano coa da campaña do 2014.

image

Ademáis, os traballos nas diferentes catas comezan a amosar os seus primeiros resultados. Xa temos algunha estructura nova e unhas poucas bolsas con material cerámico.

image

Agora só queda esperar con ansias a chegada do luns pra poder continuar.

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

[Día 2] As novas catas

O día de hoxe adicamolo a terminar de limpar as áreas de escavación do ano pasado. Ademáis ampliamolas uns cantos metros, para poder abarcar una parte maior dos restos xa atopados.

image

image

Na cata número 3, o foxo do Castro, comezouse xa a retirar a primeira capa vexetal da nova área e apareceron os primeiros anaquiños de cerámica desta campaña. Nos próximos días abriremos ademáis unha nova sondaxe, na procura da muralla do Castro, que na campaña anterior xa andavamos a buscar.

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

[Día 1] Comezamos!

Hoxe comezou a campaña 2015 en Armea, con moita ilusión e tamén moitos nervios. Aproveitamos a mañana para ensinarlle aos novos alumnos de prácticas o conxuto histórico da zona.
image
Adolfo explicoulles un pouco a distribución e importancia das distintas partes do conxunto.
image
Tamén comezamos a traballar. Hoxe tocou montar a nosa base de operacións, digna mega–construción que nos protexerá das inclemencias do tempo.
image
Como podedes ver, unha obra de inxeñería que nada ten que envidiar a outras construción máis sólidas.
image
Tamén limpamos un pouco o xacemento, que tralo inverno estaba cheo de follas secas, que dificultaban o seu entendemento.
image
E a pesares de que o día rematou un pouco torto, xa que un dos coche fallou de volta a Ourense, podemos dicir que todo foi ben. E como di o refrán: o que mal comeza, ben acaba.
image

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Armea unha vez máis nos medios

Onte tivo lugar a presentación por parte dos nosos directores Fermín e Adolfo, xunto co Alcalde de Allariz, do plan de actuación deste ano 2015 no xacemento do Castro-Cibdá de Armea. Preveese un xullo cheo de traballo e interesantes descubrimientos!

Imaxe extraída de La Región 25/06/2015. Autor: José Paz

Imaxe extraída de La Región 25/06/2015. Autor: José Paz

Deixamosvos os enlaces do Duvi  e de La Región sobre a presentación, para que  vaiades votando un ollo aos plans deste ano.

  • A campaña de Armea 2015 descubrirá toda a zona escavada nos anos 50 por Conde-Valvís (DUVI 25 xuño 2015)
  • Allariz abrirá en outubro ao público a excavación de Armea (La Región 25 xuño 2015)
Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Para compensar… vídeo #2#

Para compensar o atraso na solución do noso enigmático “bechiño” da radiografía presentámosvos o resumo das primeiras semanas de traballo. Unha vez máis recordamos que non somos especialistas en audiovisual, só pretendemos presentarvos a posibilidade de visitar o xacemento de forma virtual ao tempo que informamos en tempo real do que estamos a facer. Por todo, pedísmosvos que sexades tolerantes cos moitos erros de enfoque, audio… 😉

Publicado en Vídeos | Etiquetado | Deixar un comentario

Grande trípode…

No Proxecto Armea somos especialistas en combinar tradición e modernidade. Do tradicional debuxo arqueolóxico de cinta métrica, papel milimetrado e plomada pasamos á restitución fotogramétrica en 3D. Mesturamos o levantamento topográfico tradicional coa lectura dos datos LIDAR máis recentes. As visitas tradicionais ao xacemento son completadas con visitas virtuais mediante audiovisual. Agora teremos que conseguir un trípode que substitúa ao humano para tirar as fotos non? jejeje 🙂

Laura Casal e o “Grande” trípode

Publicado en Humor | Etiquetado | Deixar un comentario

Sentimos o atraso

Sentimos o atraso na presentación do tan comentado “becho” nas redes sociais pero a nosa restauradora Marta Lago está a ter máis problemas do esperado. Como podedes ver na imaxe a escala de traballo non é moi grande non?? Seguide atent@s… 😉

O “becho” ao que nos enfrontamos

Marta Lago procurando o contexto do “becho”

Publicado en Investigación | Etiquetado | Deixar un comentario

Porque non todo é traballar…

…hoxe fomos de visita á terraza onde os compañeiros David Pérez e Celso Barba están a recuperar as estruturas destapadas por Conde-Valvís a mediados do século pasado. Con eles descubrimos algúns dos segredos que esta terraza do Castro de Armea aínda conserva. Se tedes oportunidade achegarvos por alí que paga a pena. As súas visitas (horario, reserva…) están ofertadas polo Concello de Allariz xunto coas nosas polo que non perdades esta oportunidade única. 😉

“Estratigrafía” da re-escavación

Calzada recuperada nesta campaña de 2012

O compañeiro Celso exerce de bo anfitrión

Para pechar a mañá fixemos un pequeno roteiro arqueolóxico por toda a contorna, o mesmo que podedes descargar para GPS no apartado de recursos deste blogue, comprendendo a lóxica espacial e simbólica do Monte do Señoriño. Preguntas, reflexións, gargalladas… son o resultado desta xeira. Se cadra menos esgotadora pero igual de útil que a propia escavación arqueolóxica.

O grupo facendo un alto na ruta

Publicado en Formación | Etiquetado | Deixar un comentario

Vídeo #1# Presentación do proxecto

 Ao igual que na campaña de 2011 presentamos o primeiro dunha serie de vídeos que iremos colando neste blogue na medida das nosas posibilidades. Non pretendemos crear filmes de calidade, o noso obxectivo pasa simplemente por ir contando en tempo real e dunha forma visual a evolución da nosa intervención no Monte do Señoriño de Armea (Santa Mariña de Augas Santas, Allariz). Razón pola que agardamos sexan desculpados erros de enfoque, audio, etc. 😉
Publicado en Vídeos | Etiquetado | Deixar un comentario

Xa temos horario de visita!!

Xa temos horario de visitas para a campaña de verán de 2012. Se queres achegarte atent@:

Días de visita: de luns a xoves durante os meses de xullo e agosto (10 de agosto)
Horario: 17:00 (inicio) – 18:30 (fin aprox.)
Actvidade dirixida a: toda a cidadanía
+ info e reservas:

Casa da Cultura: Camiño do Castelo s/n 32660 – Allariz
Tlf.: 988 44 08 59 Fax: 988 44 08 59 E-mail: cultura@allariz.com

Oficina Municipal de Turismo e Información: Alameda s/n 32660 – Allariz
Tlf.: 988 44 20 08 Fax: 988 44 20 08 E-mail: informacion@allariz.com

Publicado en Visitas 2012 | Etiquetado | Deixar un comentario