[Día 16] Procesado de materiais

Algunhas tardes, paralelamente a escavación, aproveitamos un espazo que temos habilitado en Allariz (onde tamén dormen os alumnos que fican na vila) para limpar os materiais que van saíndo  do xacemento e, de paso, aproveitamos para ensinar aos alumnos as diferentes partes do proceso de escavación.

DSC_2508

Os alumnos “entusiasmados” co lavado de materiais

Ata agora xa temos lavadas as bolsas das áreas 1 e 2 (que non son poucas). E ademáis, sorprendémonos cada día ao descubrir novas pezas e sobre todo numerosos grafitos nas mesmas, que nos achegan á xente que habitaba a Cibdá de Armea hai perto de 2000 anos.

IMG-20150722-WA0000

Parte da cerámica aparecida nas Áreas 1 e 2

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Armea nos medios

Este luns visitáronnos o vicerreitor do Campus de Ourense (Virxilio Rodríguez) e o Alcalde de Allariz (Francisco García Suárez), dous dos actores principais do ProxectoArmea como resposables das Institucións (UVigo e Concello de Allariz) que soportan en solitario o peso deste proxecto. Con eles viñeron a meirande parte dos medios de comunicación da provincia o que se reflectiu en varias novas espalladas polos mass media. É de agradecer o interés e o continuo apoio mostrado por eles dous no proxecto e que ficou refrectido nun convenio asinado entre ámbalas institucións o pasado mes de febreiro á que acudiu  o Reitor de UVigo (Salustiano Mato) e que garante a continuidade das investigacións no conxunto arqueohistórico de Santa Mariña de Augas Santas ata, polo menos, o ano 2018.

Hai para todos os gustos, tele, prensa escrita, incluso un bo reportaxe fotográfico que completa o noso fugaz paso pola galega, da que podedes obter unha ligazón directa nunha entrada anterior deste blogue. Para mostra, podedes picar nos varios links que tedes a seguir da foto que ilustra esta entrada.

gal2

Unha das imaxes publicadas no DUVI da visita ás excavacións de Virxilio Rodríguez e Francisco García 

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/allariz/2015/07/21/castro-armea-unico-centro-practicas-arqueologia-galicia/0003_201507O21C5991.htm

http://www.laregion.es/articulo/allariz/arqueologos-universidad-vigo-recuperan-restos-castro-armea/20150720193809556820.html

http://duvi.uvigo.es/index.php?option=com_content&task=view&id=10223&Itemid=2

http://www.teleminho.com/video/informativos/visita-castro-armea/20150720192934019164.html

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

[Día 13] Pequeños arqueólogos. Parte II

Ayer publicamos un pequeño adelanto sobre la  visita que realizaron los niños del Campamento urbano de Allariz al yacimiento de Armea éste viernes día 17. Tanto ellos como nosotros quedamos encantados con la experiencia, por lo que os traemos más fotos sobre la actividad, mientras preparamos una entrada especial para mañana.

DSC_2474 DSC_2471

DSC_2482 DSC_2481DSC_2480 DSC_2487

Y como extra os presentamos en exclusiva la segunda roseta (decoráción plástica castrexa) que aparece en esta campaña. Si quiereis verla en vivo y en directo, podeis hacerlo en la Casa da Cultura de Allariz.

DSC_2492 DSC_2491

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

[Día 13] Pequeños arqueólogos. Parte I

Este viernes fue un día especial en Armea. Un grupo de pequeños arqueólogos se acercó hasta el yacimento para conocerlo y prácticar por un rato nuestra apasionante profesión.

Adolfo explicando a los niños la importancia de este enclave arqueológico

Adolfo explicando a los niños la importancia de este enclave arqueológico

Nuestros compañeros de Xeitura fueron los encargados de hacerlo posible. Así los niños puedieron visitar los distintos puntos de interés de este conjunto histórico y además participar en una excavación arqueológica creada específicamente para ellos, a su medida, convirtíendose en “arqueólogos por un día”.

Los niños muestran emocionados sus descubrimientos

Los niños muestran emocionados sus descubrimientos

Los próximos días 20 y 21 de julio repetiremos la experiencia con otros grupos de niños. Os mantendremos informados de sus hallazgos! 😉

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Arqueólogo por un día

Si tienes entre 7 y 11 años y quieres ser arqueólogo por un día, nuestros compañeros de Xeitura te invitan a vivir la experiencia. Los días 20 y 21 de julio puedes venir a concer los restos arqueológicos de Armea y vivir la experiencia. Simplemente tienes que inscribirte, las plazas son limitadas!

ARMEA FOLLETO - copia

Para más información, el tríptico de la actividad o contactar con Xeitura en los números facilitados en el cartel.

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Armea en directo (ou non) na tvg

Este martes visitounos un equipo do programa A Revista da tvg, para unha breve reportaxe sobre o proxecto que estamos a desenvolver no conxunto arqueolóxico de Armea.

Aquí deixámovos o enlace a web da tvg, onde podedes velo a partires do minuto 59 (aproximadamente).

O Proxecto Armea en A Revista

Adolfo e o periodista da tvg intentando entenderse ao tempo que explican o xacemento

Adolfo e o periodista da tvg intentando entenderse ao tempo que explican o xacemento

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

…moito máis que un hexasquel

Non é unha pedra calquera caída dun dos muros das domus que andamos a escavar en Armea, é un fermoso hexasquel traballado no granito da zona que decoraba ditas vivendas. Pero para nós e para o xacemento de Armea significa (parafraseando o noso propio encabezado deste blogue) moito máis que un hexasquel…..

Fai seis décadas que Francisco Conde-Valvís recuperou aquí unhas 16 (se cadra algunhas máis) destas fermosas manifestacións artísticas da plástica castrexa. Rosetas, trisqueles e hexasqueles que xunto aos torsos de guerreiros, ás cabezas cortadas e outros elementos pétreos decorados (figuras antropomorfas, couzóns de gando, relevos…etc.) conforman un dos maiores conxuntos da chamada “plástica castrexa” do Noroeste. Por isto e outros fitos singulares e únicos (como o magnífico Forno da Santa), Armea é un dos xacementos arqueolóxicos máis importante e coñecidos de Galiza.

Conxunto de rosetas e trisiqueis recuperadas en Armea nos anos 50

Conxunto de rosetas e trisqueis recuperadas en Armea nos anos 50

Non ter ata agora recuperado peza algunha deste tipo enchíanos de certa anguria e erguía dúbidas sobre a orixe das pezas valvisianas…. Por elo, cando Alba sacou dentre as pedras do derrube dun dos muros este novo hexasquel sentimos que pechamos unha etapa e abrimos outra. Con esta peza comeza a conformarse un novo grupo de “plástica castrexa” provinte de Armea, pero agora e a diferenza da que atesorou Valvís, recuperada en contexto arqueolóxico.

A partires de hoxe xa ficamos algo máis sosegados coa nosa pequena pedra decorada!

Parte do equipo co  hexasquel

Parte do equipo co hexasquel

O hexasquel etiquetado e listo para marchar para a vila de Allariz

O hexasquel etiquetado e listo para marchar para a vila de Allariz

Para todos os que queirades ver en vivo e en directo o novo hexasquel de Armea vai estar exposto durante este verán na Casa da Cultura de Allariz en horario de maña. Polo momento é a única peza alí exposta aínda que esperamos que a medida que avancemos coa escavación poidamos ir aumentando a colección!

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario