Crónica da campaña 2011

Excavación no Monte do Señoriño, verán de 2011

O achado casual por parte do señor Manuel Losada, veciño da aldea de Armeá, dunha bancada de pedra esculpida nunha rocha do Monte do Señoriño e a difusión levada a cabo polo periodista Manuel Gago do achádego no seu blogue Capítulo 0, marcarán o inicio do Proxecto Armea. Un plan de actuación orientado a revalorizar dos restos arqueolóxicos da parroquia de Santa Mariña de Augas Santas.

A primerias actuacións deste proxecto levarasense a cabo no verán de 2011, mediante a excavación dos restos arqueolóxicos románs do Monte do Señoriño , a cargo da Universidade de Vigo e do grupo LAUV-GEAAT, que contaron co apoio e colaboración do Concello de Allariz. Ao mesmo tempo, una segunda intervención paralela foi levada a cabo no Castro e Cibdá de Armea por un grupo de arqueólogos do ámbito profesional contratados polo propio Concello de Allariz.

O Monte do Señoriño nos inicios da excavación

O Monte do Señoriño nos inicios da excavación

A campaña do LAUV-GEAAT  completouse posteriormente  co estudo dos materiais atopados nos laboratorios da Univesidade, paso imprescindible para a comprensión dos restos, e cunha segunda intervención levada a cabo no nadal do 2011, orientada a consolidar as estructuras atopadas e permitir a correcta conservación dos restos arqueolóxicos.

Para coñecer máis a fondo os traballos realizados durante esta primeira campaña do ano 2011 e poder acceder ao material multimedia xerado durante a mesma, podese consultar o antigo blogue do LAUV mediante o seguinte enlace.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s