…moito máis que un hexasquel

Non é unha pedra calquera caída dun dos muros das domus que andamos a escavar en Armea, é un fermoso hexasquel traballado no granito da zona que decoraba ditas vivendas. Pero para nós e para o xacemento de Armea significa (parafraseando o noso propio encabezado deste blogue) moito máis que un hexasquel…..

Fai seis décadas que Francisco Conde-Valvís recuperou aquí unhas 16 (se cadra algunhas máis) destas fermosas manifestacións artísticas da plástica castrexa. Rosetas, trisqueles e hexasqueles que xunto aos torsos de guerreiros, ás cabezas cortadas e outros elementos pétreos decorados (figuras antropomorfas, couzóns de gando, relevos…etc.) conforman un dos maiores conxuntos da chamada “plástica castrexa” do Noroeste. Por isto e outros fitos singulares e únicos (como o magnífico Forno da Santa), Armea é un dos xacementos arqueolóxicos máis importante e coñecidos de Galiza.

Conxunto de rosetas e trisiqueis recuperadas en Armea nos anos 50

Conxunto de rosetas e trisqueis recuperadas en Armea nos anos 50

Non ter ata agora recuperado peza algunha deste tipo enchíanos de certa anguria e erguía dúbidas sobre a orixe das pezas valvisianas…. Por elo, cando Alba sacou dentre as pedras do derrube dun dos muros este novo hexasquel sentimos que pechamos unha etapa e abrimos outra. Con esta peza comeza a conformarse un novo grupo de “plástica castrexa” provinte de Armea, pero agora e a diferenza da que atesorou Valvís, recuperada en contexto arqueolóxico.

A partires de hoxe xa ficamos algo máis sosegados coa nosa pequena pedra decorada!

Parte do equipo co  hexasquel

Parte do equipo co hexasquel

O hexasquel etiquetado e listo para marchar para a vila de Allariz

O hexasquel etiquetado e listo para marchar para a vila de Allariz

Para todos os que queirades ver en vivo e en directo o novo hexasquel de Armea vai estar exposto durante este verán na Casa da Cultura de Allariz en horario de maña. Polo momento é a única peza alí exposta aínda que esperamos que a medida que avancemos coa escavación poidamos ir aumentando a colección!

Advertisements

About proxectoarmea

Proxecto de intervención arqueolóxica e de conservación básica no conxunto rupestre do Monte do Señoriño-Castro de Armea. Campus Universitario "As Lagoas"; Facultade de Historia (Edificio de Ferro) 2º Andar, Porta 22. 32004. OURENSE. Tel. 988 387 262 / 651 017 416 Fax. 988 387 159 Email armea2012@gmail.com
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s