[Días 6 e 7] Unha de cal e outra de area

Onte, por cuestións de tempo, non nos foi posible contarvos as novidades do día, polo que hoxe procuraremos remedialo.

Na Área 1 xa comezaron a retirar o derrube de pedras da zona leste, onde podería atoparse unha nova estancia da domus. Aos nosos compañeiros quédalles moito traballo por diante.

Na Área 3 parouse de escavar por un día para adicar toda a mañá a rexistrar o enorme derrube de pedras e as novas zonas atopadas nos últimos días. Paso previo e de gran importancia para poder retirar o derrube e continuar cos traballos.

Na Área 2 levan un par de días con traballo intenso baixo o sol, ao tempo que a nosa compañeira Marta, a conservadora, encargase da conservación dunha lareira atopada en 2014 nesta zona e que deixamos sen intervir naquel intre por falla de tempo. E o traballo duro ten a súa recompensa! Hoxe atoparon un trisquel de pedra, similar ás atopadas por Conde-Valvis nos anos 50. Esta peza merece unha entrada para ela soa….esta fin de semana estará lista é poderedes desfrutar da beleza da plástica “castrexa” de Armea.

 

Unha vista da lareira en fase de escavación

Unha vista da lareira en fase de escavación

E para rematar o día un dos coches non quería acender e tivemos que botarlle una man 😉 na foto podedes ver a Angeles chamando á grúa…..era broma, foi suficiente cunhas pinzas que levaba no seu coche o noso canteiro para cargar un bocadiño á batería.

Onde terei o dichoso teléfono da asistencia en carretera!

Onde terei o dichoso teléfono da asistencia en carretera!

Advertisements

About proxectoarmea

Proxecto de intervención arqueolóxica e de conservación básica no conxunto rupestre do Monte do Señoriño-Castro de Armea. Campus Universitario "As Lagoas"; Facultade de Historia (Edificio de Ferro) 2º Andar, Porta 22. 32004. OURENSE. Tel. 988 387 262 / 651 017 416 Fax. 988 387 159 Email armea2012@gmail.com
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s