[Día 5] Felicidades Fermín!

Hoxe 7 de xullo celebramos o cumpleanos dun dos nosos directores, Fermín, que suma un ano máis e xa chega aos 53 (aínda que por un erro de cálculo na torta puxemos 54). Desexámoslle un feliz cumpleanos para o que resta de día e que o disfrute na compañía dos seus.

IMG-20150707-WA0024

No que respecta a escavación, que non todo é festa, os nosos compañeiros da Área 1 (a habitación) continúan a delimitar a contorna da mesma e comezan a plantexarse as primeiras hipóteses respecto o que se van atopar. Os da Área 2 (a calle) seguen ao sol, pero avanzan a bo ritmo e pouco a pouco comezan a aflorar novas estruturas. No relativo a Área 3 (o foxo), xa se alcanzou o nivel escavado o ano pasado, que por motivos de conservación tivera que taparse, deixándonos unha cata moi profunda e a peza de cerámica que vos amosamos na foto.

IMG-20150707-WA0022

Advertisements

About proxectoarmea

Proxecto de intervención arqueolóxica e de conservación básica no conxunto rupestre do Monte do Señoriño-Castro de Armea. Campus Universitario "As Lagoas"; Facultade de Historia (Edificio de Ferro) 2º Andar, Porta 22. 32004. OURENSE. Tel. 988 387 262 / 651 017 416 Fax. 988 387 159 Email armea2012@gmail.com
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

2 Responses to [Día 5] Felicidades Fermín!

  1. Parabéns para D. Fermín. Parabéns tamén polo bo traballo e pola comunicación diaria. Moitas grazas.

  2. Moitas grazas Pilar, de parte do equipo e tamén de Fermín. Tentaremos seguir con este ritmo durante toda a campaña de escavación e tamén despois, co rexistro de materiais.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s