[Día 4] Os traballos na Cibdá de Armea

Neste cuarto día de escavación, coas diferentes catas xa limpas, marcadas e encamiñadas, é o momento de presentarvos as áreas nas que estamos a intervir, o que nelas se atopou na campaña de 2014 e o que vamos facer este ano.

Área 1 – A habitación da domus

No 2014  escavamos unha das habitacións da domus sur, na que apareceu numeroso material cerámico e un banco corrido pegado as súas paredes. Na actual campaña, coa ampliación da cata pretendemos escavar a outra mitade da estancia (na que non se interviú debido a inestabilidade dun dos muros) e a súa contorna, que é precisamente o que están a facer os nosos compañeiros na fotografía.

IMG-20150706-WA0019

Área 2 – A calle

Na pasada campaña atopouse nesta zona a calle que comunica as diferentes casas da Cibdá e os muros de dous destas vivendas. Na actual campaña queremos comunicar a calle escavada por nos no 2014 coa que escavou Conde-Valvis nos 50 e reescavaron os nosos colegas arqueólogos nas campañas de 2011 e 2012. Ademáis, queremos intervir nunha das casas onde se atopou unha lareira, traballo que levará a cabo a nosa restauradora Marta.

Como podedes observar na fotografía, hoxe o sol foi especialmente intenso nesta área e os nosos compañeiros tiveron que montar unha jaima para poder seguir traballando.

IMG-20150706-WA0016

Área 3 – O foxo

Na campaña de 2014 interviuse na procura da muralla do castro, aínda que o que atopamos foi un enorme derrube de pedras e baixo él o basureiro da Cibdá, que pensamos que rechea o foxo do castro. Na actual campaña intentaremos coñecer a magnitude do derrube e sobre todo do foxo. (A este paso teremos que usar unha escada para saír da cata)

Como vedes na fotografía, xa atopamos a continuación do derrube de pedras que apareceu no 2014.

IMG-20150706-WA0018

Advertisements

About proxectoarmea

Proxecto de intervención arqueolóxica e de conservación básica no conxunto rupestre do Monte do Señoriño-Castro de Armea. Campus Universitario "As Lagoas"; Facultade de Historia (Edificio de Ferro) 2º Andar, Porta 22. 32004. OURENSE. Tel. 988 387 262 / 651 017 416 Fax. 988 387 159 Email armea2012@gmail.com
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s