Para compensar… vídeo #2#

Para compensar o atraso na solución do noso enigmático “bechiño” da radiografía presentámosvos o resumo das primeiras semanas de traballo. Unha vez máis recordamos que non somos especialistas en audiovisual, só pretendemos presentarvos a posibilidade de visitar o xacemento de forma virtual ao tempo que informamos en tempo real do que estamos a facer. Por todo, pedísmosvos que sexades tolerantes cos moitos erros de enfoque, audio… ;)

Publicado en Vídeos | Etiquetado | Deixar un comentario

Grande trípode…

No Proxecto Armea somos especialistas en combinar tradición e modernidade. Do tradicional debuxo arqueolóxico de cinta métrica, papel milimetrado e plomada pasamos á restitución fotogramétrica en 3D. Mesturamos o levantamento topográfico tradicional coa lectura dos datos LIDAR máis recentes. As visitas tradicionais ao xacemento son completadas con visitas virtuais mediante audiovisual. Agora teremos que conseguir un trípode que substitúa ao humano para tirar as fotos non? jejeje :)

Laura Casal e o “Grande” trípode

Publicado en Humor | Etiquetado | Deixar un comentario

Sentimos o atraso

Sentimos o atraso na presentación do tan comentado “becho” nas redes sociais pero a nosa restauradora Marta Lago está a ter máis problemas do esperado. Como podedes ver na imaxe a escala de traballo non é moi grande non?? Seguide atent@s… ;)

O “becho” ao que nos enfrontamos

Marta Lago procurando o contexto do “becho”

Publicado en Investigación | Etiquetado | Deixar un comentario

Porque non todo é traballar…

…hoxe fomos de visita á terraza onde os compañeiros David Pérez e Celso Barba están a recuperar as estruturas destapadas por Conde-Valvís a mediados do século pasado. Con eles descubrimos algúns dos segredos que esta terraza do Castro de Armea aínda conserva. Se tedes oportunidade achegarvos por alí que paga a pena. As súas visitas (horario, reserva…) están ofertadas polo Concello de Allariz xunto coas nosas polo que non perdades esta oportunidade única. ;)

“Estratigrafía” da re-escavación

Calzada recuperada nesta campaña de 2012

O compañeiro Celso exerce de bo anfitrión

Para pechar a mañá fixemos un pequeno roteiro arqueolóxico por toda a contorna, o mesmo que podedes descargar para GPS no apartado de recursos deste blogue, comprendendo a lóxica espacial e simbólica do Monte do Señoriño. Preguntas, reflexións, gargalladas… son o resultado desta xeira. Se cadra menos esgotadora pero igual de útil que a propia escavación arqueolóxica.

O grupo facendo un alto na ruta

Publicado en Formación | Etiquetado | Deixar un comentario

Vídeo #1# Presentación do proxecto

 Ao igual que na campaña de 2011 presentamos o primeiro dunha serie de vídeos que iremos colando neste blogue na medida das nosas posibilidades. Non pretendemos crear filmes de calidade, o noso obxectivo pasa simplemente por ir contando en tempo real e dunha forma visual a evolución da nosa intervención no Monte do Señoriño de Armea (Santa Mariña de Augas Santas, Allariz). Razón pola que agardamos sexan desculpados erros de enfoque, audio, etc. ;)
Publicado en Vídeos | Etiquetado | Deixar un comentario

Xa temos horario de visita!!

Xa temos horario de visitas para a campaña de verán de 2012. Se queres achegarte atent@:

Días de visita: de luns a xoves durante os meses de xullo e agosto (10 de agosto)
Horario: 17:00 (inicio) – 18:30 (fin aprox.)
Actvidade dirixida a: toda a cidadanía
+ info e reservas:

Casa da Cultura: Camiño do Castelo s/n 32660 – Allariz
Tlf.: 988 44 08 59 Fax: 988 44 08 59 E-mail: cultura@allariz.com

Oficina Municipal de Turismo e Información: Alameda s/n 32660 – Allariz
Tlf.: 988 44 20 08 Fax: 988 44 20 08 E-mail: informacion@allariz.com

Publicado en Visitas 2012 | Etiquetado | Deixar un comentario

Procuramos voluntari@s para a campaña de verán de 2012

Este verán de 2012 tornaremos ao xacemento rupestre do Monte do Señoriño, xa que logo moitos son os segredos que todavía agocha este xacemento: cal foi a súa funcionalidade?, ten niveis de ocupación anteriores aos detectados na campaña de 2011 (I a.C.-I d.C.)?, cal é a súa dimensión real?, que relación mantén co grande castro de Armea?, etc. Se queres procurar con nós respostas a estas e moitas outras preguntas segue as indicacións de inscrición presentes abaixo. Nós corremos cos gastos de desprazamento e manutención. Amais, ao rematar a campaña, recibirás un certificado que acredite a túa participación no proxecto.

Este ano ofértanse dúas quendas:

  • Do 2 ao 27 de xullo de 2012: 12 prazas. Nesta quenda terán preferencia estudiantes, egresados e doutorandos en arqueoloxía ou titulacións afíns das tres universidades galegas (especialmente da UVigo).

Ver convocatoria 1ª quenda en Isuu:

  • Do 30 de xullo ao 10 de agosto de 2012: 6 prazas. Nesta quenda terán preferencia estudiantes ou titulados da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia (especialmente da especialidade en Arqueoloxía).

Ver convocatoria 2ª quenda en Isuu:
Publicado en Voluntariado 2012 | Etiquetado | Deixar un comentario